jueves, 4 de julio de 2013

Comparte "No es un día cualquiera", programa líder das mañás da fin de semana en Radio Nacional de España, dentro dos actos da Feira do Viño de Valdeorras



Radio Nacional de España, a través  do programa dirixido por Pepa Fernández "No es un día cualquiera", convidado de honra na XVI Feira do viño DO Valdeorras, comparte contigo a posibilidade de asistir á emisión en directo do mesmo, os días 13 e 14 de Xullo - de 8, 30 a 13:00 horas -, no Cinema Avenida da Rúa.

Pepa Fernández, José María Íñigo, Nieves Concostrina e Joaquín Araujo, entre moitos outros, agárdante no cinema Avenida da Rúa para que goces en vivo dos protagonistas do programa e dos seus contidos.

Con entrada libre e gratuíta até completar aforamento e con transporte publico ao acto tamén gratis, estes grandísimos profesionais da comunicación porán un acento especial na Feira, ofrecendo información sobre as peculiaridades da comarca de Valdeorras e os seus viños.

Foto Orixinal: Antonio Martín - caceresentumano.com 

En adicción, uniranse aos faladoiros as voces de: Javier Reverte, José Antonio Sentides, María Díaz e Marta Rivera de la Cruz. Por suposto, tamén achegarán os seus comentarios Daniel Samper, José Antonio Marina, Ana García Lozano, Pedro Subijana, José Juan Toharia e Laura García Agustín, entre outros.

 Todo isto sen esquecernos do humor, a comunicación, a historia, a meteoroloxía, a música, a ciencia, a cociña, as viaxes... que chegarán de mán de Antonio Fraguas "Forges", Juan Carlos Ortega, José Miguel Viñas, Manuel Toharia, Rafa García Santos, José Ramón Pardo, Josto Maffeo, Leontxo García, Jaime Azpilicueta co seu espazo de teatro, Diego Galán e as súas propostas cinematográficas, as anécdotas históricas de Pancracio Celdrán, Pilar García Mouton e as súas palabras moribundas, o "Crucigramàrius" de Màrius Serra e, por suposto, todo iso referendado pola figura do gran mestre José María Íñigo.


Lembrade que poderedes gozar "in situ"  dos dous programas que se celebrarán no Cinema Avenida da Rúa, os días 13 e 14 de Xullo - de 8,30 a 13:00 horas -, de forma completamente gratuíta e até completar aforamento.

Haberá autobuses gratis, saída e regreso, con paradas en:

SAÍDA 8:00 horas: O BARCO (HCV) - VILAMARTIN (BAR MARBELLA) - RÚA VELLA (BAR SAN ROQUE) - CINEMA AVENIDA, A Rúa // REGRESO 13:00 horas

SAÍDA 8,45 horas: LAROUCO (IGREXA) - PETIN (PRAZA) // REGRESO 13:45 horas

Valo a perder .... Agardámosvos!!!






lunes, 1 de julio de 2013

O cheff danés René Redzepi, considerado entre os mellores do mundo, sinala á variedade Godello como unha das súas predilectas.



René Redzepi, copropietario e Cheff de Noma -considerado o mellor restaurante do mundo en 2010, 2011 e 2012, e actualmente segundo en valoracións detrás de Can Roca - declara á variedade autóctona de Valdeorras, a Godello, como unha das súas grandes preferencias.

"Es galego?, os de godello son uns dos meus viños favoritos", así saudaba René a Gabriel Fraga, xornalista a quen concedeu unha zumenta entrevista da que se fai eco o diario La Voz de Galicia.

Cun expediente académico non moi brillante, Redzepi decidiu adicar toda a súa atención á cociña e, tras pasar por algúns dos máis importantes centros de restauración a nivel mundial como o Bulli e The French Laundry en California, propuxose a abrir en Copenhague,  a súa Dinamarca natal no ano 2004 e contando apenas 30 anos, un restaurante que deu - e seguro dará - moito e moi bo de que falar: NOMA.

Utilizando só os produtos autóctonos dunha fría pero xigantesca rexión totalmente descoñecida para o mundo da gastronomía e co desafío de elaborar pratos a partir deses produtos frescos e de tempada, René Redzepi conseguiu o éxito internacional sendo valorado como un dos mellores Cheffs do mundo, feito que ratifican os premios internacionais que sinalan a NOMA como o mellor restaurante do mundo en 2010, 2011 e 2012 segundo o prestixioso criterio de S. Pellegrino & Acqua Panna.


Para facer referencia á relación deste prestixioso cheff con Galicia e os seus viños, centrámonos nas palabras concedidas a Gabriel Fraga para La Voz de Galicia:

"- Que foi o que lle impulsou a viaxar a Galicia?

- Fomos especificamente a catar viños, así que estivemos principalmente na área das Rías Baixas. Lembro esas pequenas aldeas e as señoras nos lavadoiros, coma se a paisaxe e as súas xentes fosen alleas ao paso do tempo. Visitamos lugares preciosos, de feito lembroume a Macedonia, a terra da miña familia paterna.

- E os viños? Que lle pareceron?

- Xa coñecía o Albariño, pero realmente iamos en busca de algo diferente. Entón topámonos co Godello, unha uva que non coñeciamos pero que, a día de hoxe, é unha das miñas variedades favoritas. Encántame o punto de acidez, o equilibrio e o sabor afroitado do Godello. Tivémolo moitas veces na lista de viños de Noma ... "

Esta valoración únese ás xa verquidas polo portugués Manuel Louzada - enólogo 100 Puntos Parker en 2004 -, o neoyorkino Eric Asimov - crítico de viños de The New York Times - e a inglesa Jancis Robinson -crítica de viños de The Times e asesora das adegas da Raíña Isabel II de Inglaterra - onde se encumia a calidade, diferenciación e exclusividade da variedade vinícola autóctona de Valdeorras, o Godello.


Para todos o que desexedes probar esta variedade - pero non só un viño,  se non todos -, desde A nai do viño convidámosvos a asistir á próxima feira do viño  que se celebrará os días 13 e 14 de Xullo na Rúa de Valdeorras.

Porque todos estes grandes críticos non poden estar errados ... agardámosvos en Valdeorras!







jueves, 27 de junio de 2013

Coñece o programa da XVI Feira do viño DO Valdeorras



Música, humor, gastronomía, exposicións e - sobre todo- grandes viños serán os alicientes da XVI Feira do viño de Valdeorras que, ademais, contará coa emisión do programa líder das mañáns da fin de semana en Radio Nacional de España "No es un día cualquiera". 

"No es un día cualquiera", programa de Radio Nacional de España presentado por Pepa Fernández, elixiu a feira do viño de Valdeorras para pechar a súa tempada de emisión e complementar, desta maneira, uns actos que buscan o goce dos visitantes a través dun nutrido elenco de ofertas que terán o seu punto cúlmen na exhaltación dos viños DO Valdeorras.

Foto xentileza de Radio Nacional de España
Dende exposición de vehículos clásicos, até a participación dun dos máis reputados monologuístas da actualidade española, Rober Bodegas, pasando pola música tradicional galega e todo iso aderezado con maridaxes gastronómicas entre a máis vangardista cociña e a calidade dos viños DO Valdeorras, converterán á comarca de Valdeorras no centro neurálxico da gastronomía e a enoloxía os días 13 e 14 de Xullo. 

Para todos aqueles que desexen asistir á feira, dende a nai do viño ofrecémosvos o programa completo de actividades que marcarán o evento:  

SÁBADO 13 DE XULLO 

De 8:00 a 13:00 horas: Programa en directo de RNE "No es un día cualquiera", presentado e dirixido por Pepa Fernández. Cinema Avenida da Rúa. Entrada libre e gratuíta até completar aforamento

Ás 12:00 horas: Apertura do Recinto Feiral

De 12:00 a 12:30 horas: Banda de Gaitas Abertal de A Rúa

Ás 12:30 horas: Inauguración da XVI Feira do Viño de Valdeorras polas autoridades

Ás 13:00 horas: Actuación do humorista Rober Bodegas co seu monólogo "El umbral de la estupidez"

Ás 14:30 horas: Peche do recinto

Ás 19:00 horas: Reapertura do recinto para a degustación dos viños de Valdeorras

De 19:30 a 21:00 horas: Cociña en directo -Maridaxe culinaria con viños DO Valdeorras-


DOMINGO 14 DE XULLO

De 8:00 a 13:00 horas: Programa en directo de RNE "No es un día cualquiera", presentado e dirixido por Pepa Fernández. Cinema Avenida da Rúa. Entrada libre e gratuíta até completar aforamento

Ás 12:00 horas: Apertura do Recinto Feiral

De 12:00 a 12:30 horas: Banda de Gaitas da Deputación de Ourense 

13:00 a 14:30 horas: Cociña en directo -Maridaxes culinarias con viños DO Valdeorras-

14:30 horas: Clásicos A Rúa - Desfile de coches antigos pola Feira -

14:30 horas: Peche do recinto

19:00 horas: Reapertura do recinto para a degustación dos viños DO Valdeorras

Entrega de premios ás adegas gañadoras da XIV Cata da XVI Feira do Viño de Valdeorras

19:00 a 21:00 horas: Cociña en directo - Maridaxes culinarias cos viños DO Valdeorras -

22:30 horas: Clausura da XVI Feira do Viño de Valdeorras

Fai click sobre imaxe para ampliar

Adiantando a participación do irmandado Concello de Almendralejo un ano máis na Feira, nos próximos días irémosvos dando cumprida conta de cada un dos actos, do mesmo xeito que dos seus participantes, a través deste blog e desde as Redes Sociais de A nai do viño. 





sábado, 22 de junio de 2013

Rober Bodegas apúntase á feira do viño DO Valdeorras



O monologuista, humorista e guionista Rober Bodegas confirma a súa asistencia á Feira do viño DO Valdeorras, onde será o encargado de ofrecer unha calorosa benvida a todos os asistentes, o 13 de Xullo, a través do seu último monólogo "El umbral de la estupidez", de forma gratuíta para os asistentes.

Cuns dos viños máis de moda no panorama internacional como grandes protagonistas, o popular Rober Bodegas - afamado monologuista a nivel nacional-  únese ao programa de Radio Nacional de España "No es un día cualquiera" para complementar un evento no que, ademais do viño, a cultura e a gastronomía xogarán un papel destacado.

Con outras actividades complementarias que vos iremos desvelando ao longo dos próximos días, dende A nai do viño adiantamos a colaboración deste memorable humorista que, ademais de ser unha das figuras máis prolíficas e dinámicas do mundo da comedia en Galicia e España, declárase un namorado dos viños DO Valdeorras.



A través do seu último traballo "El umbral de la Estupidez", Rober Bodegas proporá un interesante aperitivo a modo de monólogo, que poderán gozar todos os asistentes á Feira, de forma gratuíta, o sábado 13 a partir das 13:00 horas - apto para supersticiosos - na carpa do Consello Regulador DO Valdeorras, sita no corazón da feira (Área recreativa O Aguillón, na Rúa de Valdeorras). 






Podedes seguir todas as novidades e noticias de última hora sobre a feira neste blog, ademais de no Facebook e Twitter da nai do viño a través do o hashtag #comparte1valdeorras





lunes, 17 de junio de 2013

Os viños DO Valdeorras convídante a súa XVI feira do Viño os próximos 13 e 14 de Xullo



Nun destacado marco enolóxico, gastronómico e cultural celebraranse os actos correspondentes á XVI feira do viño DO Valdeorras, que este ano terá como data de celebración os próximos 13 e 14 de Xullo.

Un ano máis a comarca de Valdeorras vístese de gala para dar a benvida á súa anual feira do viño que, este ano, reforzará os seus actos cun nutrido elenco de actividades que complementarán a exaltación duns dos viños máis de moda no panorama vinícola internacional.


Showcookings, personalidades do espectáculo e a realización en directo do programa de RNE "No es un día cualquiera", presentado e dirixido por Pepa Fernández, serán algúns dos grandes alicientes que conformarán unha fin de semana festiva na comarca.

Ademais, desde a organización porase a disposición dos asistentes, transporte público e gratuíto desde O Barco de Valdeorras, para que os visitantes poidan acceder ao recinto feiral - un ano máis na área recreativa do Aguillón, A Rúa - sen necesidade  de usar transporte particular.

Con isto e ao longo dos próximos días, dende A nai do viño irémosvos dando cumprida información de cada un dos actos que centrarán a celebración da XVI edición da Feira do viño DO Valdeorras.

Agardármosvos!    







miércoles, 12 de junio de 2013

4 medallas para o Godello DO Valdeorras nos premios Zarzillo 2013

Información cortesía de Julio Ricarte

Pingadelo Godello, Godeval, Godeval Cepas Vellas  e Bioca Godello condecorados con senllas medallas de prata nos premios Zarcillo 2013.

Os brancos de Godello DO Valdeorras conseguen 4 medallas de prata nos premios Zarcillo 2013, feito que ratifica a gran anada do Godello 2012 en Valdeorras e que sitúa a esta DO como a máis premiada entre as súas homólogas galegas.


Os Premios Zarcillo naceron no ano 1991 con motivo da culminación dos actos do ano Europeo de Turismo por iniciativa das Consellerías de Cultura e Turismo, Agricultura e Gandaría da Xunta de Castela e León, co compromiso de realizar un concurso nacional de viños co obxecto de promocionar e defender a calidade dos viños españois.

Vinte e dous anos despues, os Premios Zarcillo alcanzaron o seu XV edición nacional e a súa VII internacional. Ao longo destes anos fóronse consolidando como o certame nacional máis importante dos viños españois, coa intención de que se converte nun dos Concursos máis prestixiosos a nivel internacional.

Un complexo sistema de recepción de mostras e o rigoroso control informático de tratamento dos datos fornecidos polos xurados, é a metodoloxía utilizada para premiar aos mellores. Ao longo de toda a duración do certame, o regulamento establece que un experto delegado da O.I.V. vele polo cumprimento da normativa co apoio técnico da Estación Enológica de Castela e León. Con iso, durante catro días déronse cita os mellores catadores do mundo, os padais mellor educados do planeta, foron os encargados de ditaminar que viños son os mellores do concurso. A norma establece, que poidan participar nel todos os países produtores do mundo, segundo a definición adoptada pola Organización Internacional do Viño.

Pola súa banda, presentámosvos os viños DO Valdeorras premiados no certame:


Pingadelo Godello 2012, de Cooperativa Virxe das Viñas, posúe unha cor amarela palliza con reflexos dourados. En nariz resaltan os seus intensos aromas froiteiros e varietales. En boca é untuoso e ben constituído.

Ten a acidez adecuadamente marcada e ensamblada, moi viva e equilibrada, cun retrogusto de elegante e agradable persistencia.

A Adega Cooperativa Virxe das Viñas foi fundada no ano 1964 polos viticultores da comarca de Valdeorras pertencentes a catro concellos, Petín, Vilamartín de Valdeorras, O Bolo e A Rúa de Valdeorras que é a mais céntrica e onde se atopa situada.

Actualmente forman a Cooperativa un total de 850 socios e ten 350 hectáreas de viñedo representando aproximadamente o 45% da produción da comarca, garantindo a calidade da súa materia prima.

Os seus viñedos asíntanse en chans pizarrosos, calcáreos, graníticos terrosos e de aluvión que se estenden polas ladeiras e as ribeiras dos ríos Sil e Xares. Esta diversidade de chans unida a un microclina especial que vai desde o mediterráneo tépedo ao mediterráneo fresco dá un carácter único aos seus viños, moi diferenciados doutros caldos, e que recibiron numerosos galardóns e recoñecementos no ámbito nacional e internacional. Os seus viños están elaborados co apoio da máis moderna tecnoloxía a partir das variedades de Godello, Doa Branca e Palomino fino en brancos e Mencía, Garnacha e Gran - negro en tintos 







Godeval 2012, de Adegas Godeval,  é un viño de cor amarela pálido con ribete aceirado. Luminoso e limpo. Nariz de boa intensidade, fresca e redonda, con presenza de variadas froitas brancas ben maduradas, marmelo, leves tons de mel, limón maduro e flor de xasmín. 

En boca é saboroso e pleno, con recordos de froita branca golosa e limpa, notas de mel, herba fresca e pel de limón. De paso franco, cremoso, amplitude media, goloso e refrescante, con final de froitas moi maduras.




Pola súa banda, Godeval Cepas Vellas 2011 procede da selección das uvas dos viñedos máis vellos da sociedade Godeval e dun proceso de vinificación en presenza das súas propias leas durante 6 meses, Todo isto, dá un carácter de untuosidade, elegancia e volume en boca. 

Cunha cor amarela verdosa con tons dourados, caracterízase nun aroma de intensidade media, limpo, envolvente, con recordos a herbas do campo, fiúncho, hierbabuena, flor de tilo e froita madura (mazá, melón e pexego).

En boca móstrase especialmente agradable, cun equilibrio de sensacións doces que achegan corpo e volume, sabores acedos que dan frescura e notas minerais de gran complexidade, achegados pola lousa do chan procedente, ofrecendo un conxunto de sensacións longas e pracenteiras.

Adega Godeval fundouse en 1986, realizando unha primeira vinificación para elaborar un único viño monovarietal a base de uva da variedade Godello.

En 1988 comezaron os traballos de restauración e acondicionamento do Mosteiro de Xagoaza, un belo conxunto medieval dos séculos XII-XIII para convertelo na Adega Godeval e nun centro cultural de primeira orde na rexión.

Desde a súa fundación até o ano 2005, a adega só elabora o viño monovarietal de Godello "Viña Godeval", actualmente denominado "Godeval Clásico".  A partir de 2005 amplía o seu traballo de elaboración a "Godeval Cepas Vellas". Do mesmo xeito, desde 1990 fanse tamén destilados procedentes do bagazo do Godello.





Bioca Godello 2012, de adegas María Teresa Núñez Vega, é un Viño elaborado 100 por 100 con uva Godello. De cor limón, estilo floral moi acusado, con xasmín e azahar. Bo nivel de acidez, intenso no medio padal, capas de complexidade e un final longo.

Bioca Godello foi un dos grandes embaixadores dos viños DO Valdeorras a nivel internacional, conseguindo facerse acredor de múltiples galardóns en importantes concursos de Europa e Norteamérica.



martes, 4 de junio de 2013

O Godello DO Valdeorras gran atractivo para o sector internacional en Vinisterrae



Vinis Terrae, o Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade que se celebrou durante a pasada semana en Expourense, pechou a súa quinta edición tras dous días de intensa actividade das adegas expositoras, que mantiveron máis de 500 citas de negocio con importadores dunha quincena de países e con compradores nacionais.

Trátase da feira máis profesional de Galicia, xa que a única finalidade é facer negocio e abrir novos mercados, ademais de contar cun cociente de importadores por adega superior ao doutros eventos do sector, destacaron os organizadores.

Ante un mercado nacional no que descende o consumo de viño e prolifera cada ano o número de adegas, este salón contribuíu novamente a promover a saída ao mercado exterior das pequenas e medianas empresas galegas que mostraron a súa satisfacción pois "eventos como este, de reducido tamaño e con alto nivel de profesionalidade, facilitan o contacto directo co importador e o adegueiro e sentan as bases dunha relación comercial a curto ou medio prazo".


Vinis Terrae consolidouse como un centro de negocios para as pequenas e medianas adegas galegas. Buscando novas vías de negocio a través da internacionalización, os expositores desta edición presentaron viños elaborados con uva autóctona de calidade, moi personalizado e vinculado ao territorio no que se produce. Trátase dun sector, o do viño de calidade, que xerou en 2012 máis de 153 millóns de euros en Galicia.

Pola súa banda, os importadores destacaron a calidade do viño galego e, sobre todo, a súa personalidade.
"Galicia ten todas as vantaxes para situarse no mercado estranxeiro dentro do segmento da calidade. Hoxe en día hai viños bos e despois hai viños baratos. Galicia ten que situarse nos primeiros e competir en calidade, non en prezo, xa que as condicións de produción a pequena escala non o permiten", dixo Bruno Murciano, un dos importadores procedentes de Reino Unido, quen tamén explicou nunha conferencia que "aínda que o albariño é a variedade autóctona galega máis demandada en Reino Unido, o godello está a abrirse paso con forza".


Tamén se estreou neste salón do viño a adega Alan deVal da DO Valdeorras e o seu enólogo, Manuel Sánchez, explicou que a variedade branca godello "está a entrar moi ben en Estados Unidos onde o mercado dos brancos, centrado na variedade albariño, comeza a estar saturada e están receptivos a alternativas o que nos posibilita acceder a ese mercado".

Os tintos de Valdeorras, das variedades mencía, garnacha e brancellao, son atractivos para o Norte de Europa e Reino Unido e, segundo Sánchez, esperan poder entrar en Brasil pois "aínda que a competencia é universal, pois hai variedades estendidas por todo o mundo, as nosas son orixinais e asentadas e xa son apreciadas"


Participaron nesta edición de Vinis Terrae importadores  de Estados Unidos (que representaron a 27 estados), Reino Unido, Holanda, Brasil, Dinamarca e España, os países con maior representación. Ademais, asistiron compradores de Alemaña, Australia, Bélxica, Canadá, Francia, Suecia, México, Portugal e Perú.

Dentro do  programa de actividades desta edición resaltou a posta en marcha do Túnel do Viño, moi concorrido durante as dúas xornadas e no que os visitantes profesionais tiveron a oportunidade de coñecer as características e probar todos os caldos presentes en feira.


Autónomos de Galicia-AUGA organizou un relatorio sobre a venda de viños en Internet, e o mellor catador de España en 2008 e xefe catador do Hotel Ritz de Londres, Bruno Murciano, impartiu unha charla sobre as oportunidades das varietales galegas no mercado do Reino Unido.

A presidenta da Asociación de Catadoras de Galicia Gallaecia, Mercedes González, impartiu o curso sobre criterios de confección de cartas de viños para restaurantes, que contou coa presenza de numerosos restauradores de toda Galicia. Neste curso ensinou a crear un "Libro de Adega· abordando aspectos como o tipo de cociña e a localización xeográfica do restaurante, tendo en conta se se pertence á zona vitivinícola ou que capacidade de almacenamento ten o establecemento.






miércoles, 29 de mayo de 2013

As adegas DO Valdeorras adscritas ás rutas do viño de Galicia abren as súas portas a vindeira fin de semana.



Historia, tradición, natureza, gastronomía e sobre todo bos viños espérante a vindeira fin de semana en Valdeorras. 

Os próximos 1 e 2 de xuño as II Xornadas de Portas Abertas nas Rutas dúas Viños de Galicia, unha cita enograstronómica para potenciar nunha soa viaxe, a riqueza vinícola e gastronómica e histórica, espérante con paquetes conxuntos que permiten visitas guiadas e degustacións ás adegas colaboradoras.

Por segundo ano, uns dos viños máis de moda no panorama vinícola internacional, a través das adegas adscritas á ruta do viño DO Valdeorras, espérante nunhas xornadas enfocadas á promoción turística, enolóxica e gastronómica en Valdeorras.




Se te unes ás II Xornadas da ruta do viño DO Valdeorras poderás facer visitas guiadas e gratuítas ás adegas participantes que ti escollas. Todas terán as súas portas abertas para ti durante a fin de semana.

Ao finalizar a visita ofreceranche como obsequio unha degustación dos mellores viños de Valdeorras e tamén atoparás unha serie de restaurantes onde poderás comer aproveitando esta oferta especial. Os menús de alto Gourmet comporanse de primeiro e segundo prato, maridados ambos cos prestixiosos e internacionalmelte recoñecidos viños DO Valdeorras. O prezo final, con IVE, será de 25 Euros e levará incluído a sobremesa.

Fai click sobre a imaxe para ampliar

 Ademais, poderás atopar un programa especial de actividades para este fin de semana: haberá visitas guiadas a centros históricos, descontos en aloxamentos e outras accións relacionadas co mundo do viño.


 O sábado en Valdeorras poderás gozar dun concerto musical, exclusivo para este evento, a cargo do grupo "Los Chaveles" no Cinema - Centro Cultural - "Avenida" da Rúa o sábado, ás 20h00. Entrada libre até completar aforamento.

Coñece as Adegas adscritas á ruta do viño DO Valdeorras facendo click en cada unha delas:














Coñece os centros de restauración adscritos á ruta do viño DO Valdeorras facendo click en cada un deles:











miércoles, 22 de mayo de 2013

O Concurso Mundial de Viños de Bruxelas premia a Viñaredo Sousón



Un ano máis a cata referencia no sector europeo do viño, O Concurso Mundial de Viños de Bruxelas,   volve encumiar a calidade DO Valdeorras a través de Viñaredo Sousón, de adegas  Santa Marta , cunha máis que notable medalla de prata.

Adegas Santa Marta segue marcando tendencia nunha das catas referencias do sector internacional do viño e, como vén sendo habitual nos últimos anos, a edición 2013 non pasou desapercibida para os viños Viñaredo que, esta vez a través do Sousón, acadaron unha merecida medalla de prata.  


Viñaredo Sousón pertence a unha produción limitada de 1800 botellas para a súa colleita 2010, elaboradas coa variedade Souson, típica de Galicia e moi escasa,  en forma monovarietal. Obtense a partir de cepas cunha antigüidade mínima de 35 anos e o seu proceso de elaboración realízase por medio dunha premaceración fermentativa a 4ºC, durante 4 días, e posterior fermentación controlada a 24 ºC. Con postremeira crianza durante oito meses en barricas de roble e 4 meses en botella.  

A súa nota de cata é a seguinte:

Móstrase un viño brillante, denso de tonalidades azuis e cor vermella violáceo. O seu aroma é limpo con boa intensidade onde destacan os aromas a froitas vermellas. O seu paso por boca é suave, destacan aromas a tostados. É un viño fresco e cálido que se mostra aterciopelado cunha astrinxencia correcta e cun bo equilibrio, cuxo aroma persiste prolongadamente no post gusto a través dunha gradación de 13%.  


Santa Marta é unha adega familiar que desde 1998 produce, elabora e embotella os seus propios viños cunha constante: a calidade dos seus produtos ha de estar vixiada dende a vide até a botella.

Situado a 600 metros de altitude, nun clima de invernos fríos e veráns cálidos, o viñedo de Santa Marta atópase enmarcado dentro dun plan de produción integrada, onde o respecto á planta e aos seus froitos son a base para a elaboración duns bos caldos.

E na seguinte etapa, cando a materia prima pasa á adega, todo o proceso de elaboración realízase coa máxima precisión, posto que Santa Marta conta coa innovación tecnolóxica necesaria para iso. Trátase, en definitiva, de buscar a precisión en cada proceso, e así obter a máxima calidade para os seus viños, tal e como o ratifican os premios obtidos.


Ademais, Santa Marta foi pioneira en lanzar ao mercado una das grandes delicatessen que se recollen baixo o selo de calidade DO Valdeorras: o viño tostado Viñaredo, un produto que aúna tradición secular e modernidade, e do que pronto vos falaremos por extenso desde a nai do viño.






martes, 14 de mayo de 2013

O Godello DO Valdeorras recibe grandes cualificativos do sector internacional en Fenavin, mentres arrinca coa súa presentación promocional en Xapón.



O Godello DO Valdeorras, a través da súa colleita 2012, recibiu grandes eloxios por parte de importadores internacionais en Fenavin, mentres o Consello Regulador arrinca cos actos promocionais da súa viaxe a Xapón.

A Feira máis importante do sector do viño en España, FENAVIN, pechou as súas portas entre grandes cualificativos para a colleita 2012 do Godello DO Valdeorras que, ademais, espertou o interese de importantes mercados como o belga e o xaponés.

Se hai apenas unha semana eran os tintos os que namoraban ao sector europeo en Suíza, agora son os brancos os que toman a reválida e, espertando gran interese entre os asistentes a Fenavin, conseguiron importantes contactos internacionais para a súa importación.

Así o ratifican as palabras do director técnico da DO Valdeorras, Jorge Mazaira: "A feira saldouse de forma moi positiva a través de interesantes contactos, onde importadores belgas e xaponeses destacaron a calidade dos nosos viños. O principal atractivo estivo nos godellos que gozan dun gran prestixio no sector".

E esta afirmación non é baladí, xa que é Xapón o próximo destino promocional dos viños DO Valdeorras no estranxeiro. A maiores,  se xa existen adegas afincadas no mercado nipón, o interese que está a suscitar a DO Valdeorras entre os especialistas do sector xaponeses ten levado a puntuais visitas destes á comarca para coñecer "in situ" a idiosincrasia que caracteriza aos viños valdeorreses.


Desta forma, é Tokio quen outorga unha calorosa benvida aos viños DO Valdeorras dentro dos actos da Feira "Vinalitur" que se celebrará entre onte, 13 maio, e hoxe, 14 maio, a través duns actos nos cales o Consello Regulador actuará en representación de varias adegas adscritas ao selo de calidade DO Valdeorras.